Ska Balkan Speed-Folk

CUCHUFELLOS de Manzaneda!!!, Nacemos coa filosofia de facer festa alá onde vaiamos e pasalo o mellor posible en compaña de un bo licor.Somos unha banda multicultural con sede na Republica Independente do Macizo Central con influencias musicais tan diversas coma a xente que o compomos. A  actual formación remóntase ó ano 2003 e case todos os seus integrantes participamos antes noutros grupos musicais, peculiaridade que lle da ó conxunto unha gran riqueza polas diversas aportacións que facemos cada un dos membros. Somos Xente nova e brava,con ganas de pasalo ben, que presentamos un repertorio formado na súa meirande parte por composicións propias, onde se fusionan estilos coma o Ska, a Pachanga, Ritmos Balcánicos,troula........ Cuchufellos Teñen tocado en escenarios de toda Galiza, Asturias, Bierzo , Catalunya e Madrid. Axeitados para animar calquer tipo de festa rachada acompañada por un bo licor café, este ano persentamos novas incorporacións e novo repertorio con temas cantados e máis tralla ca nunca.

 

 

Sitio de búsqueda

© 2008 www.cuchufellos.com