Ska Balkan Speed-Folk

A CANCIÓN UNIVERSAL

14.05.2008 16:10

 

En Riveira andan os músicos revoltos porque o concello sacou unha nova normativa, que segundo informa o Canal Rías Baixas obriga ós grupos á realizar "unha actuación gratuíta anual para o concello, a inclusión do selo municipal dos traballos publicados e mesmo un límite de idade para inscribirse no rexistro".

Pois moi ben os músicos decidiron protestar, e que mellor xeito que poñerse todos os días a tocar, dende hai xa unha semana, diante do concello. A noticia foi correndo e con Suso Bello dos Chiquilicuatres e ex-membro da Compañía do Ruído , uns musicos unironse aos outros e como algúns non podías ir decidiron ir facendo unha canción entre todos: Empezou Suso, este leulle a primeira estrofa a Roberto dos Cuchufellos que lle engadíu outra, este pasoulla Ico dos Sonoro Maxin ... e así seguirá sendo.
Volver

Sitio de búsqueda

© 2008 www.cuchufellos.com